O Bergantiños feminino lanza a súa campaña de captación 2018-2019

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Hai novidades para a próxima tempada nas que podes estar interesada

24 jul 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Tras a boa acollida e o inmellorable ambiente creado polas xogadoras do Bergantiños Feminino desde a súa creación, o club segue apostando polo deporte feminino. Así, a directiva valora como novidade para este ano crear unha sección de fútbol sala a maiores da modalidade de campo. As interesadas en ambos os proxectos poden achegarse aos adestramentos nas Eiroas, de martes (hoxe) a venres de 19.30 a 21.00, ou ben chamar ao 620 151 634.