«Os nosos hábitos poden facer máis para evitar un infarto cerebral que a medicación»

La Voz

CARBALLO

CESAR QUIAN

11 dic 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Só no Chuac, cada día chegan a Urxencias polo menos tres pacientes cun ictus, patoloxía pola que cada ano ingresan en Neuroloxía 800 persoas. Na unidade específica non só se controlan factores craves para evitar que as secuelas se estendan, senón que se realiza a prevención secundaria para que non se repita.

­-O ictus é moi recorrente?

-Nos cinco anos seguintes, case o 50 % volven ter outro. De feito, agora mesmo o 30 % dos pacientes que vemos son deste grupo.

­-Que hai que facer para evitalo?

-Para quen xa sufriu un, tomar o tratamento, non deixar as pastillas. E tanto para o que o tivo como para o que non, controlar os factores de risco. Con medidas hixiénico-sanitarias diminuiríase ata o 70 % o risco de ter o primeiro ictus. Os nosos hábitos de vida poden facer máis para evitalo que a medicación. Hai que controlar a hipertensión, a diabetes, as arritimias... facer unha dieta baixa en sal e graxas, trinta minutos de exercicio diario, non fumar e tomar alcol de forma moderada.