Concha Blanco asinou en Cee exemplares da súa última obra

La Voz

CARBALLO

13 ago 2008 . Actualizado ás 02:00 h.

A escritora Concha Blanco estivo onte en Cee, na Feira do Libro, asinando exemplares da súa última novela e outros títulos da súa longa lista de obras. Moitos mozos achegáronse ata o posto da Alameda no que atendeu aos seus lectores. O luns tocoulle a quenda ao fisterrán Alexandre Nerium.

Concha Blanco acaba de publicar a novela Cuarto 202 , unha obra editada por Everest e que foi premio no 2007 do concurso de novela por entregas de La Voz de Galicia.

A escritora falou cos seus lectores e escribiu numerosas dedicatorias. O seu último libro é o número 31 na lista de que os que xa ten publicados en solitario. A eses hai que sumarlle case unha decena de obras realizadas en conxunto con outros autores.

Blanco basea a súa produción, sobre todo, en literatura para os máis novos. A Costa da Morte aparece retratada en boa parte dos seus relatos. Algúns dos seus libros son de lectura obrigatoria nos colexios e parte da súa obra foi traducida ao castelán. É a escritora máis prolífica da comarca.