O establecemento, de roupa e complementos, está na rúa Rosalía de Castro
05 dic 2025 . Actualizado á 05:00 h.A Asociación Galega de Acompañamento Persoal e Educativo (Ágape), con sede en Ribeira, acaba de inaugurar na rúa Rosalía de Castro unha tenda solidaria. A apertura de portas contou coa presenza da presidenta de Ágape, Ana Arnoso. Precisamente, é a súa irmá Bety, quen durante moitos anos foi voluntaria de Ágape en Xixón, a que propuxo abrir o establecemento cunha finalidade altruísta.
A propia Bety será a encargada de atendelo posto que cambiou a súa residencia ao municipio e de, feito, parte das existencias de roupa e complementos cos que se puxo en marcha a iniciativa corresponden a artigos da tenda de Ágape en Xixón. O horario de atención é de 10.30 a 13.30, aínda que se intentará que durante este período do Nadal poida abrir tamén polas tardes.
O acto do trinque estivo moi concorrido, con numerosos veciños que se deron cita. Tamén quixeron estar presentes dirixentes municipais, coa alcaldesa María Sampedro á fronte. Estivo acompañada pola concelleira e portavoz municipal do Partido Popular Ana Barreiro. Na apertura non faltou a tradicional corte de cinta.