Veciños e comerciantes de Ribeira concéntranse para esixir máis seguridade

M. X. B.

RIBEIRA

branco

O temor hase estendido pola cidade tras a última onda de roubos e os altercados nas rúas

17 novs 2019 . Actualizado ás 12:42 h.

Convocados por un veciño, Manuel Domínguez, un grupo de cidadáns, entre os que había varios comerciantes, concentráronse este mediodía na praza do Concello de Ribeira co fin de esixir máis seguridade nas rúas. Argumentan que están atemorizados pola última onda de roubos cometidos en negocios do centro urbano, aos que hai que engadir os frecuentes altercados que se rexistran no centro da cidade. Por iso, reclaman máis vixilancia.

Entre os asistentes a esta concentración atopábase o portavoz do BNG local, Xosé Vázquez Cobas, que anunciou que mañá mesmo solicitará ao executivo local a reunión urxente da xunta de seguridade cidadá, co fin de abordar a situación de inseguridade que se vive en Ribeira e as posibles medidas a adoptar para facerlle fronte.