Detido un ribeirense que se negou a facer a proba de alcoholemia tras un choque

M. X. B. RIBEIRA

RIBEIRA

cedida

O coche que conducía, un Opel Astra, chocou contra o murete de pedra da glorieta de Padín

17 novs 2019 . Actualizado ás 11:42 h.

Axentes da Policía Local de Ribeira procederon a noite pasada a deter a un condutor que se negou a someterse ás probas de alcoholemia. O coche que conducía este individuo, un Opel Astra, chocou contra o murete de pedra que rodea a escultura do León de Padín, na glorieta que se atopa á entrada da cidade accedendo a través da avenida de Ferrol ou da avenida da Coruña. O suceso tivo lugar cara ás 23.30 horas. Tras a negativa do condutor, que resultou ser un veciño de Ribeira de 57 anos, os axentes procederon á súa detención. Está previsto que hoxe pase a disposición xudicial.