O CEIP de Palmeira será obxecto dunha reforma enerxética e funcional

ribeira LA VOZ

RIBEIRA

CARMELA QUEIJEIRO

A Xunta investirá máis de cinco millóns de euros en oito centros escolares o próximo ano

20 sep 2019 . Actualizado ás 20:42 h.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de encargar os proxectos para a rehabilitación enerxética completa de oito centros escolares de Galicia, entre os que se atopa o CEIP de Palmeira. Para levar a cabo os traballos, a Administración autonómica investirá 5,2 millóns de euros o próximo ano. Este proxecto contempla actuacións específicas en cubertas e fachadas, carpinterías, luminarias e outros elementos das instalacións. As obras que se realicen complementaranse con outros traballos, como o pintado das aulas ou as posibles melloras funcionais segundo o establecido nos proxectos técnicos. Tamén se realizarán melloras estéticas e funcionais coa incorporación dunha imaxe corporativa única a través da gama de cores empregada nas aulas, así como en todos os elementos identificativos e sinalización dos centros.