O Concello de Ribeira pavimentará as rúas do Mar e A Volta

Jose Manuel Jamardo Castro
j. m. jamardo RIBEIRA/ LA VOZ

RIBEIRA

cedida

As actuacións superan os 98.000 euros

21 ago 2019 . Actualizado ás 21:10 h.

O Concello de Ribeira adxudicou, de forma provisional, as obras de pavimentación e renovación de servizos nas rúas do Mar e A Volta, na parroquia de Castiñeiras. A empresa que tivo a mellor clasificación foi Escavacións Nima, dun total de 28 ofertas presentadas. A actuación custará algo máis de 91.000 euros e o prazo de execución son tres meses. A mellora enmárcase dentro do Plan de Obras e Servizos da Deputación.

O proxecto inclúe unha área formada por un conxunto de rúas de trazado irregular e anchura variable cun pavimento de formigón con danos notables. Ademais, en ambas as vías a rede de abastecemento é de fibrocemento e carecen de rede de rede de sumidoiros, circulando augas residuais e pluviais por un mesmo colector de cemento.