Podio para María López en Ribeira

La Voz

RIBEIRA

Cedida

25 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O parque-miradoiro de San Alberto en Ribeira foi o escenario a fin de semana da segunda proba puntuable para a Liga Galega de 3D de tiro con arco, organizada polo club Arqueiros do Barbanza. Participou ArcoCelta de Lalín, destacando o segundo posto de María López García na categoría de arco recurvo instintivo infantil, unificada para mozas e mozos. Pola súa banda, Carlos Taboada foi sexto en arco recto; Julio César García, sétimo en arco espido; Herminio López, décimo cuarto en instintivo; e Alejandro García, décimo sexto en instintivo. Mentres, no recente Campionato Provincial de Percorridos de Caza Simulada en Silleda, foi segundo un integrante de ArcoCelta,José García, na categoría de arco tradicional.