A venda de suadoiros provoca a primeira gran marea dorneira

M. X. B. RIBEIRA

RIBEIRA

cedida

Centos de persoas fixeron cola nos arredores do adro da igrexa de Ribeira para facerse coa prezada prenda

15 jun 2019 . Actualizado ás 14:16 h.

Está afeita a Real e Ilustre Cofradía da Dorna ao éxito que teñen os suadoiros que se lanzan en cada edición da singular festa e nesta ocasión, as previsións tamén se cumpriron. Aínda que os socios xa tiveran ocasión de reservar con antelación unha prenda, foron centos as persoas que gardaron cola durante horas con motivo da primeira venda, efectuada no adro da igrexa de Santa Uxía. Aínda que estaba previsto que o reparto comezara sobre as 11.00 horas, xa había un número importante de persoas no lugar antes das 10.00. Ninguén quere quedarse sen o xersei desta singradura número 71, caracterizado pola cor negra e unha ilustración de Dulce María López.