Fin ao tapón circulatorio na zona de Fondevila

RIBEIRA

CEDIDO

A vivenda no barrio de Ribeira está case demolida

21 mares 2019 . Actualizado ás 14:05 h.

Un dos tapóns circulatorios na zona de Fondevila, en Ribeira, está a piques de desaparecer. A empresa contratada polo Concello xa ten practicamente demolida a construción, que o outono pasado foi adquirida pola Administración local para que facer posible a intervención urbanística. Desta forma, no lugar mellorará a seguridade viaria, dado que a edificación estaba xunto a unha curva. Ademais, o aspecto xeral do lugar verase substancialmente modificado, gañándose amplitude. 

En canto as obras conclúan, o Concello colcará lousas similares ás que hai na contorna. Precisamente, o barrio de Fondevila foi, nos últimos tempos, obxecto de diversas melloras. Hai moito tempo que os residentes reclamaban unha solución para acabar co tapón circulatorio que supuña a vivenda.