As vítimas de violencia sexista terán un espazo reservado nos xulgados ribeirenses

La Voz

RIBEIRA

MARCOS CREO

As afectadas teñen que estar actualmente no corredor por falta dunha sala

16 feb 2019 . Actualizado ás 21:57 h.

Entre as numerosas carencias dos edificios xudiciais de Ribeira figura a falta dun espazo que preserve a intimidade das vítimas de violencia sexista, mentres que os detidos si contan cunha sala á parte ata que lle chega o momento de comparecer ante o xuíz. A Administración xudicial quere resolver esta situación e busca alternativas para habilitar unha sala reservada.

Varias foron as propostas que o coordinador xudicial recibiu dos profesionais.

Na terceira planta

Unha das alternativas é habilitar a terceira planta do inmoble, onde está o arquivo no que se custodian os documentos xudiciais.

Este espazo dispón de amplitude suficiente, polo que podería habilitarse unha zona específica para que a vítima non tivese que estar sentada nos corredores, como ocorre agora.