Un ladrón entrou a roubar en varios locais de Ribeira e levou un botín valorado en 1.000 euros

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

RIBEIRA

A Policía Nacional sospeita que se trata dun delincuente habitual

23 ene 2019 . Actualizado ás 20:02 h.

Un delincuente habitual de Ribeira parece ser o culpable dos roubos rexistrados na capital barbancesa na noite do martes ao mércores, e dos que levou un botín valorado en máis de 1.000 euros. O ladrón fixou o seu primeiro obxectivo nun negocio de apostas situado na avenida do Malecón, para máis tarde forzar a fechadura e entrar nunha clínica de podoloxía da rúa Galicia. Segundo o dono deste último establecemento, Asier Casais, cando chegou pola mañá atopouse o bobín esnaquizado e que lle subtraeron os equipos informáticos e de música, así como unha pequena cantidade de diñeiro en metálico.

Axentes da Policía Nacional xa tomaron pegadas en ambos os locais e sospeitan que o autor pode ser un vello coñecido das forzas da orde que conta con antecedentes.