O Aguiño goleou 5-0 ao Cambados para pelexar pola cabeza da táboa

S. GÓMEZ

RIBEIRA

MARCOS CREO

Chegado o ecuador do primeiro tempo, caeu o 1-0. Yaiza aproveitou unha falta botada por Mon para enviar o balón á rede

12 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A avultada derrota contra o Faísca (6-1) escoció, pero na vida só perde o que non consegue levantarse tras un mazazo. Esta máxima aplicouna o Xuventú Aguiño na Tasca, onde o domingo recibiu ao Mocidade Cambados, ao que endosou unha goleada que serviu para espantar pantasmas e reengancharse á pelexa pola cabeza da táboa.

A pesar do 5-0 finais, o Aguiño saíu ao céspede sen ritmo. Incapaz de conectar en ataque, o Cambados intentou facer dano na portería defendida por Alba. Non o logrou, e o bloque dirixido por Nacho deu un paso á fronte para recuperar o seu mellor nivel.

Chegado o ecuador do primeiro tempo, caeu o 1-0. Yaiza aproveitou unha falta botada por Mon para enviar o balón á rede. Sen marxe para respirar, Nuria finalizou unha xogada de salón das azuis para asinar o 2-0, resultado co que se chegou ao descanso.

Sentenza

O Cambados, con problemas para responder o fútbol combinativo local, viu como Carmen, á saída dun córner, sentenciaba co 3-0. O cuarto, obra de Alitas, foi a consecución dunha nova triangulación entre varias xogadoras.

A capitá tomou tamén o cetro de mando no último gol para deixar a Nuria Torres soa ante Jennyfer, quen non puido evitar o definitivo 5-0.