Primeira misa na igrexa de Santa Uxía

La Voz

RIBEIRA

Non dispoñible

O templo construíuse utilizando os restos do edificio anterior, que estaba na praza de Compostela

20 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Hai 154 anos tiña lugar a cerimonia de consagración do actual templo parroquial de Santa Uxía de Ribeira. Domingo Antonio do Pazo oficiaba a misa tal día como hoxe de 1864, despois dunhas obras de construción do edificio que se prolongaron durante máis de tres anos. De feito, os traballos de cimentación da igrexa executáronse en abril de 1861 nas inmediacións do templo anterior, situado na praza de Compostela, que tiña diante un cemiterio. Pero o feito de tratarse dunha zona demasiado areosa obrigaron a desprazar a construción cara ao oeste, buscando un pavimento máis firme.

Para a execución da nova igrexa empregáronse materiais da antiga, seguindo un proxecto deseñado polo arquitecto Faustino Domínguez. Para sufragar os gastos, realizouse un peditorio entre os veciños, que se sumou á contía achegada para a causa polo Goberno central a través do ministerio liderado por Antonio Romero Ortiz.