Ferido leve un motorista nun accidente na rotonda de Padín

La Voz

RIBEIRA

O home foi trasladado en ambulancia ao hospital de Barbanza

17 novs 2018 . Actualizado ás 16:52 h.

Un motorista resultou ferido leve esta tarde, sobre as catro, tras sufrir un accidente no que tamén se viu implicado un automóbil. O suceso tivo lugar na rotonda de Padín, na entrada de Ribeira pola AC-305, e ata a zona trasladáronse membros da Policía Local e unha ambulancia do 061, que trasladou ao home ao hospital de Barbanza. 

O ferido, que non chegou a perder a consciencia, queixábase de dor en pernas e brazos, posiblemente derivados do forte golpe que recibiu ao caer ao chan.