Auxiliado en Ribeira un barco bateeiro en apertos

RIBEIRA

A Salvamar Sargadelos remolcou a embarcación ata A Pobra

08 novs 2018 . Actualizado ás 16:58 h.

Un problema mecánico nun barco bateeiro que se atopaba en Ribeira mobilizou a a lancha de Salvamento Marítimo Salvamar Sargadelos, que remolcou a embarcación ata o peirao da Pobra. A alarma saltou cando a tripulación lanzou dúas bengalas, pouco antes das dez da mañá. Ningún dos tripulantes sufriu dano algún.