Nove cales do centro urbano de Ribeira serán pavimentadas

A.Gerpe

RIBEIRA

cedida

O investimento ascende a 112.939 euros

24 abr 2018 . Actualizado ás 17:33 h.

As rúas do centro urbano de Ribeira Xoana Torres, Carlos Casares, Miguel Rodríguez Bautista, Alcalde Fernández Bermúdez, Cordieiro, Habana, Valle-Inclán, Castelao e Manzanares serán pavimentadas en  os próximos meses. A actuación ten un custo de 112.939 euros e a superficie total sobre a que se intervirá é de 11.743 metros cadrados. Asínaa Construcións Mauri acometerá a obra.