Marisa Redondo exporá no centro Lustres Rivas

La Voz

RIBEIRA

A mostra está formada por 25 lenzos e abrirase o próximo 4 de maio

24 abr 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

4 de maio • 21.00 horas • Centro cultural Lustres Rivas de Ribeira • Cores do mar de Arousa é o título da exposición da pintora Marisa Redondo, que se inaugurará a semana próxima na sala do centro cultural Lustres Rivas. A mostra, promovida pola área de Cultura do Concello ribeirense, está formada por 25 lenzos que evocan paisaxes da zona, combinándose as obras de temática mariña con outras nas que a natureza é protagonista.

Marisa Redondo conta cunha longa traxectoria artística, que comezou no campo da educación, e que sempre destacou pola enerxía que desprenden os seus traballos. A Casa de Galicia en Madrid ou o Club Náutico San Vicente do Mar foron algunhas das salas nas que expuxo.