Unha asociación solicita que se esixa formación regulada para ser celador sanitario

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

RIBEIRA

Desde o colectivo consideran «anacrónico e obsoleto» que o único requisito que se lles esixa a estes profesionais sexa o de contar co Certificado de Escolaridad

17 feb 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A Asociación Galega de Celadores de Institucións Sanitarias (Agacis) fixo público un comunicado no que solicita que se reclame unha formación regulada para exercer como celador sanitario. Desde o colectivo consideran «anacrónico e obsoleto» que o único requisito que se lles esixa a estes profesionais sexa o de contar co Certificado de Escolaridad.

Desde Agacis sinalaron que en xaneiro do 2012 publicouse no BOE a cualificación profesional relativa aos celadores, pero que esta non implica que se adoptou en Galicia e que o único método de aprendizaxe sobre o traslado de pacientes en hospitais e centros de atención primaria circunscríbese ao «boca a boca» entre os traballadores.

Nese sentido, os integrantes deste colectivo non piden un aumento salarial para os celadores, senón que se creen módulos formativos e prácticos para dita profesión.