Un barbancés denunciou o roubo de 47 galiñas nun curral situado en Olveira

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

RIBEIRA

Os axentes Policía Nacional de Ribeira investigan os feitos co obxectivo de dar co paradoiro das aves

13 dic 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Un veciño de Ribeira acudiu este martes á comisaría de Ribeira para denunciar un roubo sen precedentes. Segundo afirmou ante o axente que o atendeu, os ladróns habíanse levado 47 galiñas dun curral que ten na parroquia de Olveira.

A pesar de que a súa residencia se atopa en Santa Uxía, o barbancés ten este galiñeiro nunha leira da súa propiedade. En total, segundo afirmou na comisaría, no seu interior había un total dunhas 90 aves, todas poñedeiras e a maioría de cor negra.

Os axentes Policía Nacional de Ribeira investigan os feitos co obxectivo de dar co paradoiro das aves e poder devolverllas ao seu lexítimo dono.