O jovenzuelo que deu un xiro na política de Ribeira

RIBEIRA

FRAN BREA

O ribeirense foi o fundador de Protección Civil na capital barbancesa

17 oct 2017 . Actualizado ás 09:25 h.

«Funme como cheguei: coa conciencia tranquila e o convencemento de entregarme con dedicación ás responsabilidades que me encomendaron». Se tivese que buscar un epitafio para o meu amigo Manuel Dieste Mos, sin duda, elixiría esta resposta extraída dunha entrevista que me concedeu en febreiro do 2008. Onte puxo fin, inesperadamente, á súa última batalla, a que viña lidando desde hai un ano contra a leucemia, e fíxoo como fixera con todo ao longo da súa vida, triunfando, porque sucumbiu á enfermidade tras longos meses de digna loita, nos que nos ensinou a todos que vale a pena pelexar ata a extenuación, pero sen renunciar a ser un mesmo, porque Manolo, nos eternos días de illamento no cuarto dun hospital, seguía sendo o Manolo que coñeciamos tanto persoal como profesionalmente, sen deixar de atender ao amigo, sen deixar de atender o seu traballo. Se, triunfando, porque non hai maior triunfo que aquel que excede á vida mesma, e Manolo Dieste deixa pegada, por ser persoa digna e leal.

Recordo os seus primeiros pasos na política, porque tiven o privilexio de transitar ao seu lado, el como jovenzuelo disposto a cambialo todo, e eu, consolidando a que sería a profesión da miña vida.

Nada máis chegar, deu un xiro de temón na política local logrando a participación de centenares de mozos que converteron a organización Novas Xeracións do PP ribeirense nunha das máis numerosas de Galicia. Creou Protección Civil e situou á agrupación de voluntarios de Ribeira á cabeza en dotación material e humana. E os seus méritos foron recoñecidos concorrendo ás eleccións municipais como número tres da lista do PP á alcaldía de Ribeira, con José Luis Torres á cabeza e Manuel Ruiz de segundo. Pero pronto empezaría saborear a hiel da ingratitud e aos poucos foise afastando, ata que decidiu dar un paso atrás para pór por diante o seu traballo, que o levou a ocupar a xerencia da depuradora de Amegrove e, posteriormente, ata a data, a de Remagro.

Ser alcalde

Aínda que se estableceu no Grove, non deixou de mirar cara ao seu Ribeira natal. Nunca o quixo dicir abertamente, pero voume permitir desvelar que tiña unha aspiración, que era a de chegar a ser alcalde do seu pobo, da súa cidade, pero a súa lealdade e honradez impedíronlle intentalo todos estes anos.

O venres 6 deste mes chamoume porque quería asistir á concentración de apoio ás forzas de seguridade destacadas en Cataluña. E alí estiven ao seu lado, como nos seus primeiros pasos na política, cada un no seu papel. Díxome que estaba moi fatigado, que estivera ingresado de novo máis dun mes. Eu deille ánimos e díxenlle que loitase. Estou seguro de que o fixo ata o último alento, porque Manolo sempre foi un valente.

O funeral e enterro será hoxe ás 17.00 horas en Carreira.