Segundo e definitivo colofón para a Guadalupe en Rianxo

RIANXO

marta gomez

A orquestra Gran Parada ofreceu un concerto sorpresa

19 sep 2021 . Actualizado ás 16:58 h.

Estaba previsto que o programa de actividades para honrar á Guadalupe en Rianxo chegase ao seu fin o venres, pero a comisión gardouse ata o último momento unha sorpresa. Onte, case sen previo aviso, a orquestra Gran Parada desembarcou na praza Castelao para ofrecer unha actuación que arrincou ás nove da noite, despois dun concerto da banda da escola municipal que fora aprazado o martes. O público ocupou todas as cadeiras dispostas e mesmo houbo moitas persoas que seguiron o espectáculo musical de pé, fóra dos valos. Todos cantaron, bengala en man, A rianxeira.