Os emigrantes retornados confían en que se forme goberno

Francisco Brea
F. Brea LA VOZ

RIANXO

CARMELA QUEIJEIRO

Deira apuntou que «hai promesas de que se vai a revisar a lei»

27 novs 2019 . Actualizado ás 21:37 h.

«Estamos esperanzados de que se poida formar goberno, porque hai promesas de que se vai a revisar a lei», explicou o portavoz da plataforma de emigrantes retornados que aglutina a afectados as comarcas de Barbanza, Muros e Noia, Xosé Deira. A pesar da choiva, non faltaron á súa cita dos últimos mércores de cada mes e saíron á rúa en Ribeira para protestar porque «a loita non parará ata que se iguale ou trato», aseguran. Iso si, en decembro reuniranse pero tomaranse un respiro, xa que a manifestación coincidiría o día de Nadal.

Os emigrantes retornados esixen «humanismo e xustiza», xa que reciben «unhas pensións dignas, repartidas en 12 pagas e non en 14», indicou Deira. O portavoz da plataforma destacou que non é razoable que «unha persoa que cobra mil euros ao mes, teña que reservar unha mensualidade para pagar a Facenda. Non hai dereito».

Seis anos de loita

En setembro cumpríronse seis anos da creación dun movemento incansable. «Eu tiña apuntados máis de douscentos e van alá 14. Hai viúvas deles que veñen a manifestarse con nós», resaltou Deira para pór de manifesto que as condicións meteorolóxicas non será o que free ao colectivo. No mesmo sentido expresouse un integrante da plataforma, quen sentenciou: «Hai que responder».