Buscan actores en Rianxo para o vídeo do Nadal da Policía Local

M. X. B. RIBEIRA

RIANXO

MARCOS CREO

Os produtores necesitan unha vintena de persoas, desde nenos ata anciáns

17 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe Cuartel Vello de Rianxo • De 11.00 a 14.30 horas • O proceso para a realización do vídeo do Nadal co que a Policía Local de Rianxo busca sensibilizar sobre os perigos de conducir baixo os efectos do alcol e as drogas xa está en marcha. Para hoxe hai convocado un cásting co fin de seleccionar a unha vintena de actores, desde nenos a anciáns.