Vían a luz as normas urbanísticas de Rianxo

Marta Gómez Regenjo
M. Gómez RIBEIRA

RIANXO

CARMELA QUEIJEIRO

O documento foi aprobado en 1985 e aínda está en vigor

21 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

As normas que aínda hoxe rexen o urbanismo no municipio de Rianxo van camiño de bater marcas de antigüidade. Están en vigor desde 1985 e, aínda que o novo plan xeral de ordenación municipal (PXOM) está moi avanzado, leva anos tramitándose e aínda está pendente da súa aprobación definitiva. Mentres tanto, segue sendo válida a normativa aprobada hai agora 34 anos, un documento que incluíu importantes cambios na xestión do territorio rianxeiro e influíu na súa configuración actual.

Por exemplo, nas normas subsidiarias do 85 xa se catalogaba o casco antigo da vila como zona de protección oficial, o que limitaba ao altura dos edificios, e prevía a dotación de chan industrial na zona de Che, onde décadas despois se urbanizaría o polígono empresarial. Desa época é tamén a reserva dunha zona verde no recheo do porto destinada a complexo deportivo e dotacional, un uso que se manterá no PXOM pendente de aprobar.