Raúl Gil, de Rianxo, gañou o certame de pintura rápida

La Voz LORENA G.C.

RIANXO

cedida

Durante todo o día corenta artistas chegados de toda España pintaron no recinto amurallado

14 jul 2019 . Actualizado ás 19:04 h.

Pasear polo recinto amurallado de Lugo tiña este domingo un aliciente máis: ver o proceso creativo en directo. A dezanove edición do Certame de pintura rápida cidade de Lugo levou a 40 artistas artistas chegados dende diferentes puntos de Galicia e de toda España a montar os seus cabaletes e lenzos en distintos lugares para crear, contra reloxo, as súas obras.

O propio casco vello, coas torres da catedral, as rúas empedradas ou os edificios senlleiros, serviron de inspiración a moitos dos participantes, que ofreceron visións distintas da creación artística.

Raúl Gil Burés, de Rianxo, fíxose co primeiro premio, dotado con 1.600 euros, Salvador Ribes, de Valencia, foi segundo, e Richard García, de Móstoles, foi o terceiro. O premio especial foi para a artista local Gema López.

O xurado estaba composto por Alejandra Iglesias, deseñadora e artesá, o pintor Manuel Guerreiro, e o escultor Juan José López Martínez, Lomarti.