Hemeroteca: Teresa Castelao falecía en Rianxo 

M. X. B. RIBEIRA

RIANXO

SIMON BALVIS

A irmá do autor de Sempre en Galiza morría dun paro cardíaco cun século de vida cumprido

23 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Un paro cardíaco acababa hai 19 anos coa vida de Teresa Castelao, a derradeira familiar directa do autor de Sempre en Galiza. A irmá do ilustre escritor falecía na súa vivenda da rúa de Abaixo aos 100 anos. Morría «placidamente», segundo lle comentaban a La Voz de Galicia as veciñas que se encargaran de velar pola súa saúde ao longo dos últimos anos, especialmente, Teresa Bravo, a muller que levaba case catro décadas ao seu carón.

A capela ardente era instalada na súa propia vivenda, tal e como ela quería. Ata o inmoble chegaban importantes persoas vinculadas ao eido da cultura, como Xesús Alonso Montero. Aquel día todos a lembraban en Rianxo coma unha muller tranquila e silenciosa, desexosa de non espertar as pantasmas do pasado.

Moitos destacaban que Teresa Castelao se ía cun dos seus grandes desexos cumpridos. En moitas ocasións, falara de que quería vivir en tres séculos diferentes. Nacera en América, a onde emigrara a súa nai, no 1899.