A Policía Local de Rianxo investiga a colocación de cravos en varias vías do municipio

La Voz

RIANXO

CEDIDA

Os axentes solicitan a colaboración cidadá para descubrir ao autor dos feitos

24 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Policía Local de Rianxo realiza xestións para tratar de identificar ao responsable ou responsables da colocación de cravos afiados en distintos puntos do municipio. Hai uns meses detectáronse nun viario de Asados, e nos últimos días apareceron en accesos ao núcleo da Vacariza, na parroquia de Isorna. O corpo municipal solicita a colaboración cidadá por se alguén pode achegar información sobre estes feitos.