Varios concellos tramitan sumarse ao pacto contra o cambio climático

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

RIANXO

CARMELA QUEIJEIERO

Rianxo foi o primeiro da comarca en adherirse

21 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O municipio de Rianxo é o primeiro da comarca, e un dos tres da provincia, adheridos ao pacto promovido pola Consellería de Medio Ambiente para loitar contra o cambio climático. Con todo, a relación de Administracións locais que se sumarán verase incrementada moi pronto.

Ribeira está xa realizando as xestións para a súa inclusión e os alcaldes de Noia, Boiro e Porto do Son manifestaron que solicitaron a documentación para facelo.

Os mandatarios sinalaron que están reforzando as accións para a instalación de lámpadas de iluminación pública de baixo consumo, medidas que se implementarán con outras actuacións.

O obxectivo da Xunta é que no 2020 a totalidade dos concellos galegos estean adheridos. Para asesoralos constituirase un observatorio de información.