Festa sorpresa en Rianxo

La Voz

RIANXO

cedida

Antonio Tubío, o xefe da Policía Local, celebrou o seu aniversario rodeado de familiares e amigos

12 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Sen agardalo, Antonio Tubío, o xefe da Policía Local de Rianxo, celebrou ao grande o seu aniversario. Cumpría 60 anos o luns e sen que el sospeitase nada, a súa muller e a súa filla organizáronlle unha festa. Reuniron na Lareira a un bo número de familiares e amigos, entre os que se atopaba o excomisario ribeirense José García, con quen o homenaxeado estivera esa mesma mañá na festa do EVA-10.