Un xabaril paseouse polo porto de Rianxo

M.G. RIBEIRA

RIANXO

CEDIDA

O animal percorreu a dársena e o paseo da Ribeira, pero non causou desfeitas

20 novs 2018 . Actualizado ás 14:01 h.

Moitos rianxeiros sorprendéronse a noite pasada ao toparse cun xabaril paseando tranquilamente pola zona portuaria da localidade. O animal foi visto ao redor das 23.30 nas inmediacións do paseo da Ribeira, xunto ao edificio da confraría, e continuou o seu percorrido ata a chaira onde se atopan as casetas dos mariñeiros. Era un único exemplar que non causou ningún tipo de incidente nin desfeitas nas zonas axardinadas.