Controlado un incendio forestal en Rianxo

M.G. RIBEIRA

RIANXO

O lume orixinouse nunha zona próxima a vivendas

26 ago 2018 . Actualizado ás 13:13 h.

Os equipos de extinción dan por controlado un incendio forestal rexistrado ao redor das once da mañá na parroquia de Leiro, en Rianxo.

O lume orixinouse nunha zona próxima vivendas, no lugar de Rañó, o que obrigou a intervir aos bombeiros de Boiro para protexer as casas. No operativo de extinción, ademais de cuadrillas forestais e medios aéreos, colaboraron a agrupación de Protección Civil e a Policía Local de Rianxo.