A conselleira Rosa Quintana expresou as súas condolencias en Ribeira á familia do mariñeiro Kiko Betanzos

PORTO DO SON

Marcos Creo

Será enterrado o sábado ás 16.00 horas no cemiterio de Caamaño

18 jun 2021 . Actualizado ás 18:42 h.

Desde as catro da tarde, os restos mortais do mariñeiro do Sempre Güeto Kiko Betanzos, falecido no accidente rexistrado a tarde do xoves a 2,2 millas de San Andrés de Teixido, en Cedeira, están a ser velados no cemiterio Os Dolores de Ribeira . O enterro terá lugar mañá no cemiterio da tarde. O cortexo fúnebre partirá ás 16.00 horas do tanatorio emprazado en Xarás. Ata este lugar acudiu a conselleira Rosa Quintana para presentar persoalmente as súas condolencias á familia da vítima. Con ela estiveron o rexedor de Porto do Son, Luis Oujo; os tenentes de alcalde María Maneiro e Manuel Deán, así como o patrón maior de Portosín, Isaac Gaciño, e o presidente da Federación Galega de Confrarías. Desde que aconteceu o tráxico suceso, Rosa Quintana estivo en contacto permanente con Isaac Gaciño e con Luis Oujo.

Polo que respecta ao outro mariñeiro falecido, Abdelkabir Aniba, está previsto que os seus restos mortais cheguen mañá ao tanatorio de Porto do Son, onde terá lugar un ritual relixioso segundo o rito musulmán. En canto aos seus restos mortais, está previsto que tras o duelo sexan repatriados a Marrocos.