Curso en Porto do Son sobre a creación de cooperativas

M. X. B. RIBEIRA

PORTO DO SON

cedida

As sesións arrincarán o 6 de febreiro e prolongaranse ata o 14

28 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Ente o 6 e o 14 de febreiro impartirase en Porto do Son unha nova acción formativa no ámbito da promoción do cooperativismo. Durante as catro sesións nas que se estruturará o curso abordaranse contidos como a identificación dun proxecto, a análise das áreas comercial e de mercado, o estudo de viabilidade económica e financeira, e os trámites para a constitución dunha cooperativa.

A actividade desenvolverase no viveiro de empresas sonense e está dirixida a todo aquel que teñan interese en coñecer o funcionamento dunha cooperativa, así como ao público en xeral. Os interesados en participar ten ata o 31 para inscribirse no departamento de orientación laboral.