Unha nova senda une as praias da Gafa e Ornanda no Son

Ribeira LA VOZ

PORTO DO SON

CEDIDA

A actuación tivo un custo que superou os 60.000 euros

19 ene 2020 . Actualizado ás 13:20 h.

Porto do Son é un municipio propicio para os amantes do sendeirismo e as camiñadas. Ao longo e ancho do concello pódense atopar rutas para pasear e perderse na natureza. Recentemente uniuse un tramo máis, xa que unha pasarela de madeira une desde a pasada semana as praias da Gafa e Ornanda, na parroquia de Miñortos.

A construción desta senda tivo un custo de 63.000 euros, financiados por unha banda con fondos propios do Concello e por outra cunha achega da Xunta superior aos 40.000 euros.

Así, bordeando o litoral, os transeúntes xa non terán que utilizar a estrada AC-550 para ir dun areal a outro, co risco que iso implicaba para os peóns.