A Garda Civil de Porto do Son detivo a un veciño de Brión por tráfico de drogas

ribeira LA VOZ

PORTO DO SON

CEDIDA

Os axentes, durante un control rutineiro, descubriron no coche do home 13 gramos de cocaína

11 oct 2019 . Actualizado ás 17:31 h.

A Garda Civil do posto de Porto do Son detivo a un veciño de Brión como presunto autor dun delito de tráfico de drogas e outro de usurpación de estado civil. Os feitos ocorreron durante a madrugada de onte, cando os axentes estaban realizando un control rutineiro na estrada AC-550, no municipio de Noia. A patrulla, tras identificar o condutor, procedeu ao rexistro do vehículo e, nun departamento do mesmo, descubriu 13 gramos de cocaína distribuídas en 28 doses. Esta cantidade acada no mercado un valor que ascende aos 900 euros.

Os axentes da Garda Civil procederon á detención do sospeitoso, a quen tamén se lle incautou un teléfono móbil e 170 euros. Ademais, puideron comprobar que o home se identificou co carné de conducir do seu irmán, coa intención de evitar ser sancionado por carecer de permiso. Por iso, tamén se lle imputou un delito de usurpación de estado civil. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Noia.