Os vándalos cebáronse coa balaustrada do litoral Caveiro

La Voz

PORTO DO SON

Non dispoñible

Derrubaron nada menos que 33 metros dunha varanda formada por alicerces de pedra

08 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Ocasionan cada ano un gasto elevado aos concellos e, en ocasións, os vándalos sorprenden polo enrevesado das súas falcatruadas. Ocorreu, por exemplo, hai 15 anos, cando se ensañaron coa balaustrada do miradoiro de Caveiro, no litoral de Porto do Son. Esnaquizaron nada menos que 33 metros dunha varanda formada por alicerces de pedra. Nun primeiro momento, as forzas de seguridade optaron por sinalizar a zona polo perigo que entrañaba, posto que se trata dun pronunciado cantil, pero o Concello ordenou pronto a reconstrución da estrutura. Aquela travesura supuxo un investimento próximo aos dous mil euros.

Nada máis coñecerse os feitos, a Policía Local abriu unha investigación. Os axentes estaban convencidos de que as desfeitas foran producidos de forma intencionada, mediante o emprego dun obxecto contundente. A pesar das pescudas realizadas, nunca logrou determinarse a identidade dos autores.