Os veciños de Porto do Son camiñarán pola igualdade

La Voz

PORTO DO SON

cedida

Os participantes cubrirán unha distancia de 12 quilómetros e serán recompensados cunha chocolatada

20 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Domingo • Casa consistorial de Porto do Son • 9.30 horas • De novo, o Concello de Porto do Son conmemorará o 25-N cunha camiñada pola igualdade. Os participantes cubrirán unha distancia de 12 quilómetros, un traxecto considerado de dificultade media, e serán recompensados cunha chocolatada á chegada á casa consistorial, onde se dará lectura a un manifesto. Para participar nesta actividade é necesario inscribirse no departamento de Servizos Sociais. As 150 persoas que primeiro se anoten recibirán unha camiseta. Para completar a xornada, ás 20.00 horas representarase na casa de cultura a obra Nadas libres, dirixida por Cándido Pazó.

A maiores, o xoves haberá unha charla no IES Porto do Son, impartida por persoal do centro de integración para vítimas da violencia.