O accidente produciuse de madrugada, preto da desembocadura e afortunadamente a marea estaba baixa
30 nov 2024 . Actualizado á 13:13 h.Tiña todos os ingredientes para acabar en traxedia: o accidente produciuse de noite, nun lugar afastado e coa auga polo medio. Afortunadamente, todo quedou nun susto e os dous protagonistas soamente sufriron algunhas mazaduras e acabaron cheos de sucidade e mortos de frío. O suceso tivo lugar na noite do venres ao sábado, pasada a unha da madrugada, cando dous mozos estaban na zona de Vista Alegre, na desembocadura do río Tins en Outes, e todo apunta a que fixeron unha manobra inadecuada que provocou que se precipitasen co seu coche á canle.
O vehículo quedou envorcado coas rodas cara arriba e deuse a casualidade de que nese momento a marea estaba baixa e o río levaba pouco caudal, polo que puideron saír polo seu propio pé do turismo. Con todo, a zona estaba farta de maleza e lodo, polo que se vían incapaces de saír do río, polo que solicitaron axuda aos servizos de emerxencia.
Rescate
Cando os bombeiros do parque de Boiro e o persoal do GES de Noia chegou ao lugar atopouse aos dous mozos que, arrastrándose, conseguiran saír da canle.
Con todo, estaban conxelados por mollarse e cheos de mazaduras e rascaduras, despois de subir á calzada entre silvas e matojos.