Medio Ambiente deu luz verde á actuación para humanizar a praza Galicia de Outes

Ribeira / La Voz RIBEIRA / LA VOZ

OUTES

A actuación suporá un desembolso de 120.000 euros

11 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O ambicioso proxecto para humanizar a praza Galicia de Outes, que o Concello presentou a Medio Ambiente o pasado xaneiro, recibiu o visto e prace deste organismo da Xunta. Neste sentido, o actual executivo investirá máis de 120.000 euros nesta actuación, que resultará beneficiosa para o CEIP de Outes, o campo de fútbol e o pavillón polideportivo.

A alcaldesa en funcións, Beatriz Molinos , precisou que o obxectivo é promover o desenvolvemento ambiental e social da Serra, á vez que se modernizan e melloran as dotacións para proporcionar unha oferta de calidade.