Teresa Charlín mostra en Outes a colección «A vida efémera»

La Voz

OUTES

cedida

A mostra permanecerá a disposición do público ata o próximo día 31

24 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Igualdade e sexualidade nunha sociedade aínda patriarcal son os eixos da exposición de fotografías que Teresa Charlín exhibe esta tempada na casa de cultura de Outes. Trátase dun traballo conceptual, repleto de metáforas e símbolos. A colección, que permanecerá a disposición do público ata o próximo día 31, está comisariada por Isabel Domínguez.