Sanidade pecha sete aulas en Noia tras detectar corenta positivos

laura veiga

NOIA

Cribado realizado en el centro de A Barquiña el pasado 23 de noviembre
Cribado realizado no centro da Barquiña o pasado 23 de novembro MARCOS CREO

Aumentan os casos de covid en Ribeira, Lousame, A Pobra e Boiro

01 dic 2021 . Actualizado ás 20:48 h.

Aínda que as cifras sobre a situación epidemiolóxica nos últimos días permitían albiscar un descenso no ritmo de contagios en Noia , a tranquilidade escápase do municipio tras o novo informe oficial sobre os casos nos centros educativos. A semana pasada, un brote significativo no colexio Alexandre Rodríguez Cadarso motivou  a realización dun cribado a medio milleiro de persoas entre o alumnado e o profesorado deste recinto e do Felipe de Castro e o Jaime Balmes. Tras ampliar as probas neste último centro, confirmáronse corenta positivos, que motivaron a decisión de pechar sete aulas.

No colexio da Barquiña contabilizáronse 22 casos activos, co que unha aula permanece pechada; mentres que no Jaime Balmes a cifra de positivos é lixeiramente inferior, 18 contagios, pero a súa distribución no centro levou a clausurar seis clases. Pola súa banda, no Felipe de Castro non hai ningún caso activo.

Sen conter

O peche das aulas e o aumento dos positivos a catorce días contrastan cos datos a sete xornadas, que descenden de novo, o que indicaría unha diminución do ritmo de contagios. Con todo, a expansión do virus segue sen conterse.

Ademais, aumentan tamén os afectados en Ribeira, que suma tres máis, A Pobra, que engade un, Lousame e Boiro, que conta de novo con dez casos activos. A boa noticia é que Mazaricos parece ter dobregado a curva e os positivos baixan.