A efectividade no tiro deulle o segundo triunfo ligueiro ao Berberechos Noia

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

NOIA

MARCOS CREO

Os noieses impuxéronse con claridade ao Xuven Cambados

30 novs 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Berberechos Noia logrou o seu segundo triunfo da tempada ante o Xuven Cambados (72-55). Os noieses foron os dominadores do encontro desde o salto inicial, aínda que ao comezo os visitantes opuxeron certa resistencia. Aínda así, o equipo dirixido por Jesu Soto chegou ao descanso cunha vantaxe de 12 puntos. Na continuación mantívose a tónica, cos noieses aumentando a súa efectividade nos tiros para ampliar a renda.

No que respecta ao resto de categorías, o sénior de Terceira División gañou dun na pista do Ames (59-60), mentres que o cadete masculino arroiou ao Brión (40-77) e o júnior feminino fixo o propio co Codigalco Depordima (22-80). Pola súa banda, o conxunto infantil masculino caeu derrotado en Oroso (58-44).