Nando, Rivas e Rubén Martínez caen da convocatoria de Iván Carril

LA VOZ RIBEIRA / LA VOZ

NOIA

MARCOS CREO

Os barbanceses reciben hoxe, ás 18.00 horas, ao Fabril no campo de San Lázaro

19 sep 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Nando, Rivas e Rubén Martínez serán hoxe as principais ausencias do debut do Noia en San Lázaro. Contra o Fabril (18.00 horas), Iván Carril non puido convocar a ningún dos tres xogadores, todos eles afectados de diferentes problemas físicos. Ao extremo, o último en caerse da convocatoria, apeouno unha microrrotura da que agarda recuperarse nos próximos 15 días.

«É un partido similar ao do Ourense. Eles son claros favoritos, pero temos que aproveitar as nosas oportunidades para intentar sumar», afirmou o presidente noiés, un José Luis Botana que sabe que o Fabril é un dos equipos a seguir. «Teñen unha dos mellores persoais, son capaces de todo. Pero tomámosnolo/tomámonolo con ganas», destacou o dirixente, que agarda un cheo no Julio Mato Matito.