O Portus Apostoli debuta no seu feudo contra un Ceutí ao que non sabe gañar

a voz RIBEIRA / LA VOZ

NOIA

CEDIDA

O choque arrincará ás 18.30 horas no pavillón Agustín Mourís

18 sep 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Despois da vitoria por 2-4 frontes ao Alzira, o Noia Portus Apostoli regresa a casa para disputar o seu primeiro encontro como local da tempada. Diante terá a un óso, un Unión África Ceutí ao que aínda non conseguiu gañar.

Sábeo o técnico, Marlon Velasco, que recoñece que será un «partido dificilísimo. É un equipo que mantén a columna vertebral da pasada campaña. Cambiaron de adestrador e con Tomás de Dios buscan dar un paso á fronte. Ademais contan con xogadores de gran nivel».

Con ganas de esquecer o pasado, así afronta o conxunto noiés o encontro. Asegúrao o seu capitán, David Palmas, que recoñece que «non nos ha ir ben contra eles polo momento, pero temos que saír a gañar sen importar o que pasou antes».

O duelo permitirá seguir rodando ao bloque do Agustín Mourís, aínda con xogadores que apenas entraron na dinámica do equipo, sobre todo os brasileiros Edu Jabá e Henrique, que chegaron a última hora a Noia.

Fronte a eles estarán Sufian, Anuar, Everton ou Dani Cabezón, rivais que saben o que é augarlle a festa aos barbanceses, e que hoxe o intentarán de novo no Agustín Mourís.