A creación do GES de Noia contribuíu a reducir o tempo de resposta ás urxencias

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

NOIA

El director general de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitó a los efectivos del GES noiés
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou aos efectivos do GES noiés cedida

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou aos 12 efectivos do servizo noiés

16 sep 2021 . Actualizado ás 13:45 h.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou este xoves aos 12 efectivos do GES de Noia , destacando que a posta en marcha do servizo contribuíu a reducir o tempo de resposta ás urxencias na zona e a mellorar a cobertura cunha intervención máis áxil e eficiente. Ademais de actuar no concello de Porto do Son, que non se atopaba no ámbito de ningún grupo, e Lousame, liberouse a atención do GES de Brión, que antes acudía a Noia e que abarca unha poboación atendida por amais da media, indican desde a Xunta.

A creación do servizo noiés tamén favorece a Outes , xa que pode ser mobilizado cando sexa o medio máis próximo á urxencia, así como para calquera outro municipio no caso de activación dun plan autonómico de Protección Civil.

Santiago Villanueva destacou que co impulso do GES de Noia, e outros cinco máis, complétase o mapa de urxencias de Galicia, o que supón un incremento de 300.000 euros de investimento anual da Administración autonómica para chegar aos 4,8 millóns.

Nos últimos anos, a Xunta dedicou 247.200 euros á dotación de material para o servizo con base no municipio noiés, entre os que se atopan dous furgóns e un remolque de urxencias. Tamén se inclúe o vehículo autobomba, entregado este ano, cun valor de 150.000 euros.