Posta de longo do Noia Portus Apostoli para iniciar a tempada

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

NOIA

DAVID COSTAS

O equipo comeza este martes os adestramentos para chegar en boa forma ao comezo ligueiro

02 ago 2021 . Actualizado ás 18:41 h.

O primeiro equipo do Noia Portus Apostoli presentouse este luns no pavillón Agustín Mourís. Sobre o parqué citáronse xogadores, corpo técnico e directiva para falar da próxima tempada. Interviñeron o presidente, Severino Barreiro; o director xeral, Javier Barreiro, e o técnico, Marlon Velasco, que estivo acompañado por parte dos seus colaboradores, para que o persoal coñecese os detalles sobre o funcionamento do club e o que será esta nova campaña, ademais de ter o seu primeiro contacto co resto de compañeiros e membros da entidade. Algúns futbolistas non estiveron presentes por diversos motivos.

A pretemporada comezará este martes co inicio dos adestramentos, co obxectivo de chegar en boa forma ao comezo ligueiro.