A Federación Galega de Automobilismo reservará abril do 2022 para o Rali de Noia

LA VOZ RIBEIRA / LA VOZ

NOIA

Imagen de archivo del Rali de Noia del 2019
Imaxe de arquivo do Rali de Noia do 2019 Carmela queijeiro

Desde o club barbancés destacaron que en ningún momento tomaron a decisión de cancelar a proba para este ano 2021

08 may 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Baixan turbias as augas entre Federación Galega de Automobilismo a e a Escuadra Berberecho de Noia. En pleno cruzamento de acusacións, o ente autonómico defendeu mediante un comunicado público que reservaron o mes de abril do 2022 para a 36 edición do Rali de Noia.

Desde o club barbancés destacaron que en ningún momento tomaron a decisión de cancelar a proba para este ano 2021 e afirmaron que o Concello de Noia sempre se mostrou disposto a colaborar economicamente co evento. A federación afirmou que tivo que mover ficha debido aos contratos asinados con varias multinacionais en base a que o calendario galego tería nove probas: «E ten que activarse para cubrir as baixas non desexadas por todos, cousa que se fixo con éxito como é a súa obriga».