O Noia aspira a asentarse no liderado e o Puebla a sumar o seu primeiro triunfo

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

NOIA

Imagen de archivo del derbi entre el Noia y el Puebla
Imaxe de arquivo do derbi entre o Noia e o Puebla MARCOS CREO

Os noieses reciben ao Xallas e os pobrenses ao O Pino nun estadio da Alta no que non haberá público

11 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Con ganas de pór terra polo medio cos seus perseguidores afronta o Noia o choque deste domingo, ás 17.30 horas, contra o Xallas no estadio municipal Julio Mato Matito. «Esta semana foi algo dura porque tiñamos o partido contra o Puebla no peto e escapáronllenos dous puntos e a posibilidade de facer pleno de vitorias», recoñeceu o adestrador noiés, Iván Carril, quen agarda que ese tropezo tamén teña servido para «aprender algo».

O Xallas chega a Noia «cunha boa dinámica, a pesar da súa última derrota. Está enganchado ás prazas que dan dereito a xogar a fase e a Copa». Carril agarda un duelo «complicado e disputado», xa que os visitantes «teñen xogadores con moita experiencia. Sobre todo os tres de arriba».

Dinámica ascendente

O Puebla mídese esta tarde, a partir das seis, ao O Pino nun estadio da Alta que, debido á situación epidemiolóxica no municipio, non poderá ter público. «É unha pena», admitiu o técnico, Anxo Casalderrey, non contar co alento dos afeccionados, pero iso non impide que o conxunto afronte o choque «coa máxima ilusión de gañar». Casalderrey ve ao conxunto pobrense «crecendo aos poucos, máis integrado e nunha dinámica ascendente».

A pasada xornada os branquiazuis sumaron o seu primeiro punto ante o Noia: «Plantámoslle cara a un rival cun potencial ofensivo enorme». Agora, queren ir un paso máis aló e vencer a un O Pino que «é disciplinado a nivel táctico. Junta ben as liñas e buscará transicións rápidas para xerar perigo e ocasións».

Casalderrey agarda a un adversario que lles ceda o peso do xogo e considera que os seus futbolistas «están preparados». Iso si, terán que «ser cautos en ataque para non desprotegernos moito en defensa». O técnico non poderá contar con Sera e Teira ten molestias físicas.